Ir o contido principal

Día das Letras Galegas 2025

Día das Letras Galegas no CIFP Politécnico de Santiago.

Celebración do Día das #LetrasGalegas2025 no CIFP Politécnico de Santiago cunha pequena, pero sentida, homenaxe ás cantareiras e á poesía popular galega.

A través da música, da palabra e da tradición, recoñecemos o valor do noso patrimonio inmaterial e a forza dunha cultura que nos une, nos identifica e nos enriquece.

Grazas a todo o alumnado e profesorado que participou con entusiasmo nesta xornada tan especial!

#LetrasGalegas2025 #FPGalega #FPGalicia #CIFPPolitécnicoSantiago
 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais