NOVO! Curso gratuíto AFD Madeira
"Montaxe e instalación de construcións de madeira"
No Politécnico de Santiago terá lugar un curso GRATUITO de "Montaxe e instalación de construcións de madeira" para persoas desempregadas.
Aínda quedan PRAZAS LIBRES.
O PROCESO DE SELECCIÓN terá lugar á volta de Semana Santa: martes, 2 de abril, ás 11.30 horas. No caso de estar interesado/a na carpintaría, ofrécese un segundo curso tamén GRATUÍTO sobre "Instalación de elementos de carpintaría", no que tamén quedan prazas libres. O proceso de selección deste outro curso será tamén o martes, 2 de abril, ás 11.30 horas.
Ao haber prazas vacantes, pódense cubrir tamén con persoas empregadas. Conecten co centro para máis información:
- Teléfono: 881 867 601
- e-mail: cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.gal
Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartaz informativo.