Ir o contido principal

Crea Fogar

O CIFP Politécnico de Santiago está a participar en CreaFogar, un evento de interiorismo galego que se celebra en Santiago de Compostela ata o 9 de outubro. Este evento busca promover o deseño galego e recuperar oficios tradicionais relacionados coa decoración de interiores. Durante 20 días, nunha vivenda de interese arquitectónico no casco urbano de Santiago, diferentes profesionais, marcas e artesáns presentan proxectos de mobiliario e interiorismo galego, combinando tradición e modernidade. A axenda de actividades inclúe charlas, obradoiros artesáns e presentacións de marcas galegas relacionadas co fogar.

O noso centro, a través do seu departamento de Madeira, moble e cortiza, forma parte desta proposta que potencia o traballo artesanal e a esencia galega na creación de espazos sostibles e modernos. Ademais de mostrar pezas únicas feitas en Galicia, os asistentes poden participar en talleres e actividades para coñecer de preto os procesos creativos e as innovacións do sector.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais