Decisións da Conferencia Sectorial de Educación (24-25 de marzo)
Segunda e terceira avaliacións
A avaliación do segundo trimestre farase tomando como base o traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais. Para a terceira avaliación, modificaranse os contidos e competencias básicas previstas para este trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril.
ABAU
As datas para a convocatoria ordinaria serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.
Formación Profesional
Tanto o Ministerio coma a Consellería de Educación insiten na necesidade de garantir que todo o alumnado titule.
Respecto á Formación en Centros de Traballo, limítase de xeito excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa: 220 h. O Ministerio anunciou a publicación dunha norma que vai fundir nun único módulo os actuais de Formación en Centros de Traballo (FCT) e de Proxecto. No caso dos ciclos de grao medio e na FP Básica, onde non existe módulo de Proxecto, establecerase un traballo final.
As probas de acceso a ciclos medios ou superiores pospóñense o necesario, chegando incluso á primeira semana de xullo.
Fontes:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634
https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200325-sectorial.html