Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2020-2021
No BOE do 8 de agosto de 2020 publicouse a convocatoria xeral de bolsas para o curso 2020-2021. O prazo para a presentación de solicitudes para estudantes non universitarios péchase o 1 de outubro de 2020. As solicitudes de bolsas deben tramitarse por internet, e en todo caso dentro do período indicado, aínda que non coincida co período de matrícula.
O formulario debe ser cuberto por internet a través da oficina electrónica do Ministerio en:
Rematada a aplicación, debe ser asinada polo solicitante, con calquera dos sistemas de sinatura electrónica ou usando as claves subministradas.
A continuación, a solicitude debe ser enviada por procedemento electrónico para terse por presentada a todos os efectos. Non serán tomados en consideración os formularios cubertos telemáticamente que non conclúen o proceso de envío.
Os requisitos académicos son os seguintes:
Nota: Non están incluidos neste resume os supostos de matrícula parcial, oferta específica para persoas adultas, estudios completamente non presenciales, Formación Profesional Básica e Proxecto en C.F.G.S.
Baixo determinadas circunstancias especificadas na convocatoria, as mulleres víctimas de violencia de xénero e, no seu caso, os seus fillos menores de idade poderán verse liberados dalgúns requisitos académicos para a obtención de beca.
Máis información:
A páxina do Ministerio conta cun portal específico para toda a información sobre bolsas, con páxinas dedicadas a cubrir o formulario e a resolver dúbidas. Ademáis, o Ministerio facilita unha serie de vídeos para axudar na confección da beca.
Teléfono información becas Ministerio: 91 083 79 37
Teléfono becas Delegación provincial A Coruña: 981 184 741
Atención:
Se obtés beca e non a destinas ao seu fin poden obrigarche a devolvela. Entenderase que non destinas a bolsa para a súa finalidade se a final de curso te atopas nalgunha das seguintes situacións:
- Causar baixa de feito no centro, antes de que remate o curso 2020-2021.
- Non cumprir o requisito de asistencia ao oitenta por cento como mínimo das horas lectivas.
- Non superar o 50 por cento das horas matriculadas.
- No caso de obter bolsa para o proxecto de final de estudos, non presentalo no prazo dun ano desde a data da concesión da bolsa.
(Imaxe By mattbuck (category) - Own work by mattbuck., CC BY-SA 3.0)