Ir o contido principal

Contrition

O venres, 7 de marzo, tivo lugar a sexta reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Contrition, de Carlos Portela - Keko.

Contrition é unha novela gráfica de Carlos Portela e Keko que narra a historia dunha pequena e illada localidade do condado de Palm Beach que serve de refuxio forzoso para exconvictos condenados por delitos sexuais. Nun espazo marcado pola exclusión e a vixilancia, os seus habitantes viven nun limbo entre a liberdade e o castigo, apartados do resto da sociedade. Cando un dos residentes morre nun incendio, a policía pecha o caso como un accidente, pero a xornalista Marcia sospeita que hai algo máis detrás do suceso. A través dun relato de tons escuros e unha atmosfera opresiva, Portela e Keko constrúen un thriller absorbente que nos fai reflexionar sobre os límites da xustiza, o estigma e a posibilidade da redención.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 4 de abril, tamén na hora da pausa. Trataremos Emilia, de la oscuridad a la luz, unha novela gráfica de Carmen Fernández Etreros e Alen Lauzán Falcón.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais