Contrapaso
O mércores, 24 de xaneiro, tivo lugar a quinta reunión do club de lectura do curso 2023-2024 na hora do descanso, na que falamos de Contrapaso, los hijos de los otros, de Teresa Valero. Trátase dun thriller social, ambientado na dictadura franquista, que mostra a represión á que foi sometida a poboación durante o réxime.
A seguinte reunión terá lugar o venres, 16 de febreiro, tamén na hora da pausa. Trataremos La espera, unha novela gráfica de Keum Suk Gendry-Kim.