Ir o contido principal

Congreso de Mobilidade Sustentable en Medios de Transporte

Participación destacada dos nosos alumnos da Familia Profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos do Politécnico de Santiago no Congreso de Mobilidade Sustentable en Medios de Transporte - FP Galega

O xoves, 30 de maio, estivemos presentes en Vilagarcía de Arousa, nun evento organizado conxuntamente polo CIFP Fontecarmoa e o IES de Vilalonga. Xornadas formativas como esta fomentan a innovación e o espírito emprendedor, achegando ao alumnado á realidade do mundo laboral no sector da automoción. 

Os nosos estudantes tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto a estrutura empresarial do sector produtivo galego do mundo do automóbil. Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que non nos podiamos perder!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais