Ir o contido principal

Coñecendo o noso tecido empresarial: Visita a Tejas Verea

Na xornada do luns 30 de outubro, os alumnos matriculados en 1º de CS de Automatización e Robótica Industrial, tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de Tejas Verea, S.A. empresa referente no seu sector que aúna tradición e vangarda. 

Esta actividade tivo como obxectivo aproximar aos nosos alumnos a unha contorna produtiva real, acudindo a unha empresa galega punteira na que, automatización e robótica, están presentes ao longo de todo o proceso produtivo. 

Con este tipo de iniciativas buscamos incentivar o emprendemento entre os nosos alumnos, coñecendo de primeira man o tecido produtivo de Galicia, a través da visita a unha empresa de especial relevancia, como é Tejas Verea, S.A., na que destaca o seu sofisticado proceso de fabricación completamente robotizado.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais