Concerto solidario
O sábado 15 de novembro ás 19:00 h., o salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago acollerá un concerto solidario a favor da Asociación Dano Cerebral de Santiago de Compostela.
Participarán o Grupo Charamuscas de música tradicional, o Coro Harmonía Stellae e a Bandiña e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago, nunha velada conducida polo xornalista Ramón Castro.
As entradas, cun donativo de 20 €, poden adquirirse na sede da asociación, nos locais colaboradores (Lupe’s coffee & beer e Trisquel Artesanía), na páxina web da entidade —con opción de Bizum, tarxeta, transferencia ou Fila 0— ou directamente na taquilla o día do concerto.
Unha cita musical e solidaria para gozar da boa música e apoiar unha causa xusta.