Ir o contido principal

Club de Lectura: Rosalía oculta

O venres, 22 de maio, celebrouse unha nova reunión do club de lectura do curso 2025–2026 na hora do descanso, dedicada á novela gráfica Rosalía oculta, de Paula Mayor.

A sesión centrouse na visión da figura de Rosalía de Castro que ofrece a obra, combinando elementos biográficos, bibliográficos, simbólicos e fantásticos. Comentouse especialmente a representación dunha Rosalía afastada da imaxe máis convencional e escolar, incidindo nos aspectos máis íntimos, escuros e reivindicativos da autora. A estética da novela, marcada por unha atmosfera onírica e inquietante, deu pé a reflexionar sobre cuestións como a identidade, a opresión social, o papel da muller no século XIX ou a soidade da creadora literaria.

A seguinte reunión terá lugar este luns, 25 de maio, tamén na hora do descanso. Nela trataremos a obra O segredo da serpe, de Abel Alves e Esteban Tolj.

Redes sociais