Ir o contido principal

CIFP Politécnico de Santiago

A cúpula xeodésica do amplo vestíbulo converteuse en símbolo da casa, como o péndulo de Foucault na Facultade de Físicas. Pero o Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago afunde as súas raíces en 1933, como Escola de Traballo, na segunda planta do inmoble de Bonaval. Logo situaríase como instituto en San Clemente en 1952, ata pasar á súa actual localización, en 1967, na Avenida de Rosalía de Castro, 133, á beira do Hotel Peregrino.

Fonte: elcompostelano.online

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais