CIFP Politécnico de Santiago
A Formación Profesional (FP) converteuse no camiño máis rápido e eficaz para acceder ao mercado laboral. Unha opción cada vez máis escollida polo alumnado que finaliza a Educación Secundaria ou o Bacharelato. En Santiago hai neste curso académico un total de 6.198 alumnos e alumnas matriculados nalgún grao de FP, dos que 2.570 son mulleres e 3.628 homes.
Na actualidade hai dez centros nos que se imparte Formación Profesional en Santiago: CEE Manuel López Navalón, CIFP Compostela, CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Santiago, IES A Pontepedriña, IES A Arcebispo Xelmirez I, IES As Fontiñas, IES Lamas de Abade, IES Plurilingüe Rosalía de Castro, IES San Clemente.
Autora: Lorena Rey Landeira - El Correo Gallego
Fotografía: J. Prieto / Estudantes entrando e saíndo do CIFP Politécnico de Santiago, un dos dez centros onde se imparte Formación Profesional na capital galega