Ir o contido principal

Charla “Piñeiro de Galicia”

David Lorenzo Fouz, enxeñeiro Forestal da fundación Arume, deunos unha charla o pasado venres 29 de setembro a 90 alumnos dos distintos ciclos da familia de Madeira, Moble e Cortiza do CIFP Politécnico de Santiago. 

Na mesma falounos da devandita fundación, impulsada desde o sector forestal galego para fomentar o desenvolvemento do piñeiro na nosa comunidade, e da marca "Piñeiro de Galicia". Posteriormente tivemos uns talleres para recoñecer os distintos produtos industriais que se comercializan deste material. 

https://www.fundacionarume.gal/es

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais