Charla de Altia
O vindeiro xoves, 21 DE MARZO ás 13:00 horas no Salón de Actos do centro, convocarase a todo o alumnado da Familia Profesional de Electricidade e Electrónica (1º e 2º ciclos medios e ciclos superiores) para asistir á charla que impartirá a representante da empresa ALTIA: Josefina Fernández, Directora de Operacións e Sustentabilidade, así como membro do consello de administración da empresa ALTIA
Esta actividade enmárcase dentro do programa Empresa Familiar en las Aulas, xestionado pola Asociación Gallega Empresa Familiar en colaboración coa Obra Social ABANCA. O obxectivo deste programa é fomentar a cultura emprendedora, resaltando o papel desempeñado polas empresas familiares dentro do tecido empresarial galego. Pretendemos facer partícipe ao noso alumnado da historia, actividade, desafíos futuros e valores de empresas familiares de recoñecido prestixio, como é o caso de ALTIA.