Ir o contido principal

Spain Skills 2019

Un total de 28 alumnas e alumnos da Formación Profesional galega compiten a partir de hoxe nas olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid.

En total a nosa Comunidade participa nun total de 26 das 31 skills en competición. Concretamente, do noso centro participan Esteban Romero Liñares (Instalacións Eléctricas), Alberto Vidal Lado (Soldadura), Miguel Messina Añón (Electrónica) e Pablo Chico Segade (Control Industrial), titorizados por Cristina Rey Carballo, Ovindo Comuñas García, Sabino Vidal Garea e Pablo Pérez Seoane, respectivamente.

Desde o CIFP Politécnico de Santiago desexámoslle moita sorte a todo o alumnado participante.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais