Ir o contido principal

Madialeva

O venres desta semana tivo lugar a octava reunión do club de lectura do curso 2020-2021 na hora do descanso, na que falamos de Madialeva.

Madialeva é un retrato do rural galego baseado nas lembranzas  de infancia e xuventude da súa autora, Ana Moreiras. É unha homenaxe aos bisavós, avós, pais e nais na que nos fala de pequenas historias de matrimonios concertados, abusos sexuais, as miserias da posguerra... estructuradas en torno a unha entrevista ás súas protagonistas Gloria e Mirta.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais