Ir o contido principal

"Matar un ruiseñor" e "Mujeres de Salem"

O mércores e venres desta semana tiveron lugar a segunda e terceira reunións do club de lectura do curso 2020-2021 na hora do descanso, na que falamos de Matar un ruiseñor e Mujeres de Salem. Matar un ruiseñor é unha adaptación á banda deseñada da novela homónima de Harper Lee na que describe o profundo sentimento de racismo en contra dos cidadáns afroamericanos. Pola súa banda, Mujeres de Salem narra, cun debuxo especialmente expresivo, os terribles sucesos que aconteceron unha colonia puritana de Nova Inglaterra a finais do século XVII.

Polas circunstancias actuais da pandemia mundial, a reunión tivo lugar de forma mixta: presencial e a distancia por medio de Cisco Webex.

As seguintes reunións terán lugar á volta de Nadal. Trataremos El tesoro del cisne negro, Ricardo Carvalho Calero e O derradeiro libro de Emma Olsen. 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais