Ir o contido principal

Catálogo de validacións entre ciclos superiores e titulacións universitarias

Catálogo de validacións entre ciclos superiores e titulacións universitarias

O catálogo de validacións entre ciclos superiores e titulacións universitarias pódelo descargar aquí.

Corresponde ao curso 2013-2014.

Está estructurado en dous apartados:

  • No apartado 1 recóllense as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas considere oportuno.
  • No apartado 2 Recóllese a relación de titulacións universitarias oficiais de grao que de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional. No caso que se considere a posibilidade de correspondencia entre algunha titulación universitaria oficial de grao e algún título de técnico superior de formación profesional, poderase solicitar individualmente o recoñecemento dos créditos que se considere oportuno, da forma prevista pola normativa de recoñecemento e transferencia de créditos de cada universidade.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais