Ir o contido principal

Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2019-2020

 

No BOE do 31 de xullo de 2019 publicouse a convocatoria xeral de bolsas para o curso 2019-2020. O prazo para a presentación de solicitudes para estudantes non universitarios péchase o 1 de outubro de 2019. As solicitudes de bolsas deben tramitarse por internet, e en todo caso dentro do período indicado, aínda que non coincida co período de matrícula.

O formulario debe ser cuberto por internet a través da oficina electrónica do Ministerio en:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1234

Rematada a aplicación, debe ser asinada polo solicitante, con calquera dos sistemas de sinatura electrónica ou usando as claves subministradas.

A continuación, a solicitude debe ser enviada por procedemento electrónico para terse por presentada a todos os efectos. Non serán tomados en consideración os formularios cubertos telemáticamente que non conclúen o proceso de envío.

Os requisitos académicos son os seguintes: 

Primeiro curso
Ciclo formativo de grado medio de F.P
  • Quedar matriculado de curso completo ou da metade dos módulos que compoñen o ciclo formativo
  • Non repetir no curso actual
Ciclo formativo de grado superior de F.P.
  • 5,50 puntos de nota media en 2º de Bachillerato, proba de acceso o curso de acceso. Para o alumnado que acceda desde F.P. ciclo formativo de Grado Medio terase en conta a calificación final do ciclo.
  • Quedar matriculado de curso completo ou da metade dos módulos que compoñen o ciclo formativo
  • Non repetir no curso actual
Segundo curso
Ciclo formativo de grado medio de F.P
  • Quedar matriculado de curso completo ou da metade dos módulos que compoñen o ciclo formativo
  • Non repetir no curso actual
  • Ter superado no curso anterior alomenos o 85% das horas totais do curso. Excepto para quen repetiu no curso anterior, que debe ter aprobado todo.
Ciclo formativo de grado superior de F.P.
  • Quedar matriculado de curso completo ou da metade dos módulos que compoñen o ciclo formativo
  • Non repetir no curso actual
  • Ter superado no curso anterior alomenos o 85% das horas totais do curso. Excepto para quen repetiu no curso anterior, que debe ter aprobado todo.
Nota: Non están incluidos neste resume os supostos de matrícula parcial, oferta específica para persoas adultas, estudios completamente non presenciales, Formación Profesional Básica e Proxecto en C.F.G.S.
Baixo determinadas circunstancias especificadas na convocatoria, as mulleres víctimas de violencia de xénero e, no seu caso, os seus fillos menores de idade poderán verse liberados dalgúns requisitos académicos para a obtención de beca.

 

Simulador da contía

As bolsas compóñense dunha cuantía fixa, que se pode consultar aquí, e dunha parte variable, da que podes obter unha estimación no seguinte enlace:

https://www.educacion.gob.es/simuladorbecas/formularioSimulacionVariable?idCurso=2019&secuenc=2

 

Máis información

A páxina do Ministerio conta cun portal específico para toda a información sobre bolsas.

Este ano o Ministerio facilita unha serie de vídeos para axudar na confección da beca.

Teléfono información becas Ministerio: 910837937

Teléfono becas Delegación provincial A Coruña:  981184741

 

Atención

Se obtés beca e non a destinas ao seu fin poden obrigarche a devolvela. Entenderase que non destinas a bolsa para a súa finalidade se a final de curso te atopas nalgunha das seguintes situacións:

  • Causar baixa de feito no centro, antes de que remate o curso 2019-2020.
  • Non ter asistido ao oitenta por cento ou máis das horas lectivas.
  • Non superar o 50 por cento das horas matriculadas.
  • No caso de obter bolsa para o proxecto de final de estudos, non presentalo no prazo dun ano desde a data da concesión da bolsa.

 

(Imaxe By mattbuck (category) - Own work by mattbuck., CC BY-SA 3.0)

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais