Ir o contido principal

Bolsas Aella de Iberdrola


Bolsas Aella de Iberdrola para alumnas de Electricidade e Electrónica

A Fundación Iberdrola España vén de convocar as Becas Aella 2026-2027, unha iniciativa dirixida a fomentar a presenza feminina en estudos técnicos e industriais vinculados ao ámbito enerxético e tecnolóxico.

No caso do CIFP Politécnico de Santiago, estas bolsas están destinadas a alumnas matriculadas nas seguintes ensinanzas da familia profesional de Electricidade e Electrónica:

  • CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas
  • CS de Mantemento Electrónico
  • CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

O prazo de solicitude permanecerá aberto entre o 18 de maio e o 12 de xuño.

Toda a información sobre requisitos, documentación e procedemento de solicitude pode consultarse na páxina oficial da convocatoria:

Becas Aella 2026-2027 – Fundación Iberdrola España

Redes sociais