Ir o contido principal

Aulas de emprendemento: Visita didáctica á empresa Citic Hic Gandara Censa, S.A.U.

Intensa xornada vivida, o pasado 20 de novembro, polos nosos alumnos de Fabricación Mecánica!! Os grupos de 1º CS COME e 2º CM de SOCA, desprazáronse ata O Porriño, para visitar as instalacións da empresa Citic Hic Gandara Censa, S.A.U., dentro do programa “Aulas de Emprendemento”. 

CITIC Censa, con máis de 50 anos de experiencia na industria, está recoñecida como un dos fabricantes de equipos pesados máis importantes de Europa, sendo tamén o maior fabricante de caldeiraría pesada de España. 

Agradecemos aos seus responsables a oportunidade brindada aos nosos alumnos para coñecer as súas excepcionais instalacións, así como todo o proceso produtivo realizado por esta empresa. 

Acción financiada polo Ministerio de Educación y FP, Unión Europea NextGenerationEU (Reparto de 2022), Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia (PRTR).

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais