Ir o contido principal

AULAS DE EMPRENDEMENTO: Emprendemento, a viaxe cara o futuro profesional

E xa para rematar as II Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento organizadas no CIFP Politécnico de Santiago, o venres 19 de xaneiro, Ana Adán de Píldoras Digitais ofrecéu a charla "Emprendemento, a viaxe cara o futuro profesional", na que participaron todos os estudantes de 2º curso das distintas familias profesionais. 

Nesta sesión formativa, a ponente acompañou ao noso alumnado na reflexión sobre as razóns que os poden levar a emprender, destacando a importancia de desenvolver as competencias blandas, fundamentais para o seu futuro profesional. Tamén se abordou a relevancia de manexar as novas tecnoloxías, incluída a IA, xa que son clave para emprender con éxito. 

Grazas a todos pola vosa participación! Xuntos, seguimos construíndo o camiño cara ao emprendemento!

Acción financiada polo Ministerio de Educación e FP, Unión Europea NextGenerationEU, Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR).

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais