Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento: Charla-coloquio e taller práctico “TORNEADOS MODERNOS”

Para finalizar o mes de novembro, @s alumn@s da Familia Profesional de Madeira, Moble e Cortiza do CIFP Politécnico de Santiago puideron participar na charla sobre Torneados Modernos, impartida pola emprendedora Isabel Neira Neira. 

Isabel soubo trasladar aos asistentes, toda a súa paixón por un oficio tradicional, o de torneir@, que na súa familia foi pasando de pais a fillos desde 1808 ata hoxe. Na actualidade a empresa Atalanta Madera, creada e xestionada polas irmás Neira, continua co legado familiar fabricando pezas de deseño que son distribuídas por todo o mundo. 

O acto foi retransmitido en streaming, grazas a colaboración dos nosos alumn@s e profesorado de 2º CS SITEIN, permitindo a participación doutros centros docentes como o CIFP Someso e o CIFP Valentín Paz Andrade. 

Rematada a charla os alumnos de 2º FP Básica e 2º CM de CARMO, desprazáronse ao taller da empresa Atalanta Madera, situado en Berres (A Estrada) para recibir unha formación práctica impartida pola propia Isabel Neira. 

Autoría das fotografías tomadas no interior do Salón de Actos: Paula Franco

Acción financiada polo Ministerio de Educación y FP, Unión Europea NextGenerationEU (Reparto de 2022), Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia (PRTR).

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais