Aulas de Emprendemento
"Aulas de Emprendemento: Comunicación, desenvolvemento de produtos e emprendemento nun estudo de deseño"
O alumnado e parte do profesorado de 1º de FP básica de Carpintería e moble, de 1º e 2º do CM de Carpintaría e moble, de 1º e 2º de CS de Deseño e amoblamento e de 2º de CS de deseño e amoblamento Dual, da familia profesional de Madeira, moble e cortiza participou o día 11 de novembro nunha formación no centro co deseñador industrial e de mobles Isaac Piñeiro Meira. Esta actividade se encadra dentro do programa “Aulas de emprendemento”.
Obxectivos da actividade:
- Coñecer o funcionamento dunha empresa dedicada ao deseño de mobles.
- Coñecer o proceso de creación de mobles de deseño.
- Coñecer a perspectiva dun deseñador en relación ás necesidades do cliente e da empresa.
Esta formación desenvolveuse en dúas partes. A primeira tivo lugar no salón de actos do centro cunha charla co título “Comunicación, desenvolvemento de produtos e emprendemento nun estudo de deseño”. Nela Isaac Piñeiro Meira compartiu co alumnado e o profesorado as diferentes etapas do proceso creativo de distintas pezas creadas polo seu estudo e como se consegue chegar ata o produto final, atendendo en especial ás necesidades do cliente.
Isaac Piñeiro, é un deseñador de produto pontevedrés, establecido en Barcelona, con estudos na Scuola Politécnica dei Milano, onde tivo a ocasión de aprender de profesionais como Odoardo Fioravanti, Huub Ubbens ou Matali Crasset. Os seus proxectos están baseados na simplicidade formal e conceptual coa idea de que perduren no tempo.
Nunha segunda parte desenvolveu un obradoiro co alumnado co título “A forma de presentar os produtos ao cliente”, afondando nalgúns aspectos tratados na charla anterior.
Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector de carpintaría e moble.
Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.