Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento


"Aulas de Emprendemento: Como explicar o marketing online aos teus alumnos"

O profesorado do Departamento de FOL participou os días 22 e 29 de novembro na formación “Como explicar o marketing online aos teus alumnos”, dentro do programa “Aulas de emprendemento”. Esta formación foi impartida no propio centro en dúas sesións de dúas horas, co fin de dar ferramentas ao profesorado para achegar ao alumnado o tema do marketing online. A actividade desenvolveuse por un formador da empresa conC de Comunicación.

Obxectivos da actividade:

    • Coñecer a evolución e o futuro do marketing online.
    • Coñecer exemplos de campañas virais e de xestión de redes sociais, como Facebook, Instagram e Tik Tok.
    • Coñecer que lles interesa aos moz@s do marketing online e a temática dos influencers.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía.

Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais