Ir o contido principal

AULAS DE EMPRENDEMENTO


Taller de Business Model Canvas no CIFP Politécnico de Santiago

Do 21 ao 25 de outubro, estudantes de 2º curso dos ciclos formativos de grao medio e superior das diversas familias profesionais do CIFP Politécnico de Santiago participaron nun taller sobre o Business Model Canvas, unha ferramenta clave da metodoloxía Lean Startup. Esta actividade impartida pola empresa Píldoras Digitales e enmarcada no Programa de Aulas de Emprendemento, tivo como obxectivo capacitar ao alumnado no deseño de modelos de negocio efectivos e centrados no cliente, transformando a súa idea de negocio nun proxecto viable. 

A través da formación recibida, os estudantes aprenderon a: 

  • Desenvolver e analizar modelos de negocio de maneira simplificada 
  • Comprender os elementos esenciais dun proxecto empresarial
  • Aplicar o enfoque Cliente-Problema-Solución para mellorar a viabilidade das súas iniciativas

Este tipo de actividades permite ao CIFP Politécnico de Santiago dotar ao seu alumnado de competencias clave en emprendemento, preparándoos para afrontar con éxito os desafíos do mundo laboral. 

Gasto financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes y por la Unión Europea-Next GenerationEU (Reparto 2023), Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais