Aula de Automatización Industrial, Robótica e Dixitalización do Mantemento
Espazo de Tecnoloxía Aplicada: Aula de Automatización Industrial, Robótica e Dixitalización do Mantemento
Na convocatoria 2024 de espazos de tecnoloxía aplicada, lanzada pola Consellería de Cultura, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a proposta do CIFP Politécnico de Santiago foi, entre outras, a conversión dunha aula tradicional nunha Aula de Automatización Industrial, Robótica e Dixitalización do Mantemento.
Rematada a actuación, este aula dispón de recursos didácticos reais e virtuais que permiten traballar nas principais areas tecnolóxicas da dixitalización da instalación e mantemento industrial, centrándose principalmente nas seguintes liñas temáticas:
Automatización Industrial por medio de controladores lóxicos programables (PLC)
Redes industriais (Ethernet/IP, Profibus, etc.)
Programación e control de robótica Industrial.
Integración en sistemas automatizados pneumáticos e hidráulicos.
Sistemas de Supervisión e Control tipo SCADA.
Dixitalización do Mantemento Industrial coa integración de realidade mixta (aumentada e virtual)
Software de simulación de procesos industriais, incluíndo xemelgo dixital.
Seguridade Industrial, normas e prácticas seguras en entornas automatizadas.