COVID-19
Suspensión da actividade lectiva presencial
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, queda suspendida todo tipo de actividade lectiva regulada no CIFP Politécnico de Santiago a partir do luns, 16 de marzo.
O profesorado titorizará e atenderá ao alumnado por medios non presenciais: telefónicos, telemáticos, ou doutra índole como, por exemplo, a Aula Virtual.
Para estar informados puntualmente remitimos á páxina da Consellería de Educación.
Moitas grazas pola súa comprensión.