Lugar de realización da ABAU
O alumnado procedente do CIFP Politécnico de Santiago realizará a ABAU na Facultade de Químicas, Campus Sur, Santiago
O alumnado que só se examine da parte voluntaria e non teña erros na súa matrícula pode presentarse no momento de realizar os exames correspondentes.
O alumnado que detecte algún erro na súa matrícula da ABAU deberá comunicarllo ao presidente/a da correspondente comisión delegada na hora da presentación (de 9.00 a 10.00 horas do día 7 de xuño), mediante unha solicitude no formulario oficial que estará a disposición do alumnado na sede da comisión delegada. Unha vez finalizada a hora de presentación do primeiro día das probas, non se permitirá ningún cambio.