Al son de un fado
O venres, 22 de novembro, tivo lugar a segunda reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Al son de un fado, de Barral. Al son de un fado está ambientada na Lisboa do ano 1968, cando Portugal leva corenta anos baixo a dictadura de Salazar.
A seguinte reunión terá lugar o luns, 2 de decembro, tamén na hora da pausa. Trataremos Gloria, unha novela gráfica de Pío Barreiro e Lola Garcerá.