Ir o contido principal

Visita didáctica


O pasado venres, 18 de xaneiro, o primeiro curso do ciclo superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade realizou unha visita didáctica á Unidade de Soprado de Vidro e Cuarzo Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta sección,  integrada dentro dos servizos de apoio á investigación dende hai máis de tres décadas, oferta a posibilidade de asesorar, deseñar, fabricar e modificar tanto pezas estándar como pezas de novo formato con fins docentes e investigadores.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais