Ir o contido principal

A QUÍMICA DA UVA MENCÍA DEFÍNESE POLO SOLO E POLO CLIMA

A QUÍMICA DA UVA MENCÍA DEFÍNESE POLO SOLO E POLO CLIMA

Os resultados dunha tese doctoral realizada polo CSIC, defendida por Íria Rodríguez Vega, permite coñecer, por primeira vez, a composición bioquímica da principal variedade de uva tinta de Galicia, a mencía, así como a influencia que exercen na mesma as características ambientais e orográficas das cinco subzonas de cultivo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (Amandi, Chantada, Ribeiras do Miño, Quiroga – Bibei e Ribeiras do Sil).

Coordinación EDLG. Fonte – El Correo Gallego

Entre as conclusións da investigación destaca, que o solo e o clima da Ribeira Sacra, exercen unha notable influencia na composición bioquímica da variedade mencía.
O traballo de Íria Rodríguez Vega, que reafirma o potencial da Ribeira Sacra como zona de cultivo das vides, pretende tamén sentar as bases “para a adaptación desta variedade de uva tinta fronte ós efectos do cambio climático na Ribeira Sacra”.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar a nova.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais