Ir o contido principal

Programas Internacionais 2019/20

Unha vez aprobados os criterios de selección de profesorado, ofértanse as mobilidades de profesorado que son as seguintes:

    • 4 becas profesorado KA102 de 5 días máis 2 de viaxe, para profesorado que imparta clase nos CM, que se poden realizar en todo o ano 2020 a algún país  do programa*
    • 1  becas profesorado KA103-2018 de 5 días máis 2 de viaxe, para profesorado que imparta clase nos CS, que se poden realizar antes do 31 de Maio de 2020  a algún país do programa*
    • 2   becas profesorado KA103-2019 de 5 días máis 2 de viaxe, para profesorado que imparta clase nos CS, que se poden realizar en todo o ano 2020  a algún país do programa*
    • 2  becas profesorado KA107 de 7 días, para profesorado que imparta clase nos CS, a Cabo Verde, esta mobilidade realizarase en conxunto con outro profesorado de outros centros de Galicia, e estase planteando a posibilidade de realizala na primeira quincena de maio.

   *Os Países do programa son os 28 Estados membros da UE, a antiga República Iugoslava de Macedonia, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Turquía.   

A solicitude de plazas realizarase dende hoxe ata o 10 de Xaneiro de 2020, para rematar o proceso de selección no mes de Xaneiro.

As solicitudes realizaranse a través do formulario da páxina web do centro:

https://www.politecnicodesantiago.es/form_progint_prof

 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais