Ir o contido principal

Curso PRL - Verificación de Instalacións Eléctricas


15 e 17 de outubro - CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO

Os pasados días 15 e 17 de outubro celebrouse o curso de verificacións eléctricas de alta e baixa tensión que tivo lugar no  C.I. F. P. Politécnico de Santiago.

Tratouse dunha acción formativa promovida pola Confederación de Empresarios da Coruña enmarcada na actividade de prevención de riscos laborais para o ano 2019.

Para comezar o curso foi necesario en primeiro lugar poñerse ao día na normativa de aplicación. Isto deu paso á parte teórica onde se repasaron os conceptos craves e as medidas que hai que realizar tanto en baixa como en alta tensión.

Finalizadas todas as consideracións previas e cos conceptos aclarados procedeuse a realizar as probas prácticas sobre como proceder ás verificacións tanto de alta como de baixa tensión, que medicións realizar, como realizalas, que valores recoller e cales destes son aceptables.

Prema sobre as seguintes ligazóns para acceder á nova orixinal e a unha selección de fotografías da xornada, cortesía de ASINEC.

NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

 
 
 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais