Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento


Aulas de Emprendemento: Charla-Taller do deseñador Isaac Piñeiro - Departamento Madeira, Moble e Cortiza

O  venres, día 11 de novembro, o CIFP Politécnico de Santiago acolleu unha  actividade sobre o sector da madeira, dentro de Aulas  de Emprendemento en Formación Profesional.

Isaac Piñeiro, é un deseñador de produto pontevedrés, establecido en Barcelona, con estudos na Scuola Politécnica dei Milano, onde tivo a ocasión de aprender de profesionais como Odoardo Fioravanti, Huub Ubbens ou Matali Crasset.

Os seus proxectos están baseados na simplicidade formal e conceptual coa idea de que perduren no tempo. 

Tivemos unha actividade no salón de actos: “Comunicación, desenvolvemento de produtos e emprendemento nun estudo de deseño” para todos os grupos da familia de Madeira e Moble, onde nos falou dos procesos creativos e de produción de diversos proxectos de mobiliario.

A continuación houbo un taller “Construír as imaxes do proxecto” cos alumnos de 2º do Ciclo Superior de Deseño e Amoblamento onde traballaron coa comunicación do conceptos e a formalización das ideas da comunicación dos proxecto.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector da madeira. 

Nas seguintes ligazóns pódese acceder a unhas fotografías do evento e a o vídeo no que se mostra como trascorreu a actividade:

 
 
 

 

 

 
 

 

NOTA: A pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, calquera persoa retratada nas fotografías pode solicitar a correspondente retirada deste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais