Ir o contido principal

Viveiro de Empresas do CIFP Politécnico de Santiago


O teu futuro emprendedor comeza aquí!

No Viveiro de Empresas do CIFP Politécnico de Santiago ofrecémosche, de forma totalmente gratuíta, os seguintes servizos para apoiar o teu proxecto empresarial:

🔹 ASESORAMENTO:

✔️ Formación e apoio do profesorado especializado no sector do teu proxecto.
✔️ Titorización personalizada polo/a coordinador/a de emprendemento, encargado/a do seguimento e orientación do proxecto.
✔️ Asesoramento técnico por parte do persoal especialista do IGAPE.

🔹 INSTALACIÓNS PROPIAS DO VIVEIRO:

✔️ Locais axeitados para desenvolver a túa actividade empresarial.
✔️ Mobiliario básico de oficina e equipos informáticos/telecomunicacións necesarios.

🔹 SERVIZOS ADICIONAIS:
✔️ Infraestruturas: seguridade, limpeza, electricidade, etc.
✔️ Conexión a internet e outros servizos auxiliares.
✔️ Difusión da túa empresa a través da páxina web: www.edu.xunta.es/fp.

Requisitos de acceso:

🔸 Ser alumno/a ou exalumno/a (nos últimos 4 anos) dalgunha das ensinanzas públicas de Galicia de FP, artes plásticas e deseño, ensinanzas superiores, deportivas, bacharelato ou ESA.
🔸 Contar cun proxecto empresarial que se desenvolva en Galicia.
🔸 Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.

Procedemento de acceso:

1️⃣ Entrevista inicial coa persoa coordinadora do viveiro para avaliar a idea empresarial e o equipo emprendedor.
2️⃣ Elaboración do Plan de Empresa: Co apoio do viveiro, madurarás a idea, analizarás o mercado, buscarás financiamento e definirás estratexias realistas.
3️⃣ Cesión do espazo: Se o proxecto é viable, asinarase un contrato para usar gratuitamente, durante 2 anos,  as instalacións do viveiro como sede da túa empresa.

Queres saber máis ou visitar as nosas instalacións?

Contáctanos:
📧 emprendemento.cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.gal
📧 viveiro.cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.gal
📞 881 867 601
+ info: : https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-emprende

Non deixes pasar esta oportunidade para transformar a túa idea nunha realidade empresarial!"

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais