Héctor Sánchez Bellón, nas WorldSkills Shanghai 2026
O noso alumno Héctor Sánchez Bellón representa a España nas WorldSkills Shanghai 2026 na modalidade de Tecnoloxía do Automóbil
Mañá, 23 de setembro, Héctor Sánchez Bellón, alumno do noso centro, inicia a súa participación nas WorldSkills Shanghai 2026, onde representará a España na modalidade de Tecnoloxía do Automóbil (Automobile Technology).
Héctor competirá con participantes procedentes de numerosos países nunha especialidade que pon a proba os coñecementos e as destrezas necesarias para o mantemento e reparación de vehículos, así como a capacidade para diagnosticar e resolver problemas mecánicos complexos de maneira rápida, eficiente e conforme aos estándares profesionais.
As WorldSkills Shanghai 2026 reúnen arredor de 1.400 competidores de 70 países e rexións, que participan en 64 especialidades profesionais. A competición desenvolverase do 23 ao 26 de setembro, dentro dun evento que se celebra en Shanghai entre os días 22 e 27.
Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos desexarlle a Héctor moita sorte nesta extraordinaria experiencia internacional e recoñecer o traballo e a preparación que o levaron a representar a España nunha competición do máximo nivel.
A continuación, podes consultar toda a información sobre a modalidade de Tecnoloxía do Automóbil, na que competirá Héctor, e seguir en directo a cerimonia de apertura das WorldSkills Shanghai 2026 a través das seguintes ligazóns: