Ir o contido principal

Xornadas de Ciberseguridade


🌐 Xornadas de Ciberseguridade na FP: colaboración, innovación e talento

O pasado 26 de marzo celebráronse as Xornadas de Ciberseguridade na Formación Profesional, organizadas conxuntamente polo IES San Clemente e o CIFP Politécnico de Santiago, consolidándose como un referente no ámbito da especialización tecnolóxica e da colaboración entre centros educativos e empresas do sector.

Durante a sesión de mañá, desenvolvida no CIFP Politécnico de Santiago, o alumnado puido asistir a un completo programa de charlas impartidas por profesionais en activo do ámbito da ciberseguridade:

  • Ramiro Iglesias Santiago, do departamento de Informática do Grupo CORTIZO
  • Adrián Vidal Lorenzo, David Barros Caamaño e Bernardo Viqueira Hierro, do equipo de Ciberseguridade de DoingIT Computing
  • Estefanía Soto Azpitarte e Mario Prieto Sanlés, de authUSB
  • Efrén Varón Gil, consultor de Ciberseguridade en DLTCode

Estas intervencións permitiron achegar ao alumnado a realidade do sector, coñecer casos prácticos e identificar os principais retos actuais en materia de seguridade dixital.

Xa pola tarde, tiveron lugar diferentes obradoiros prácticos, orientados ao desenvolvemento de competencias técnicas específicas:

🔧 Obradoiros de OT (Operational Technology) no CIFP Politécnico de Santiago:

  • Estefanía Soto Azpitarte e Mario Prieto Sanlés (authUSB)
  • Luis Álvarez Patiño, CISO en Itelsis Group
  • Carlos Blanco Arca, coordinador do C.E. de Ciberseguridade OT no CIFP Politécnico de Santiago

💻 Obradoiros de IT (Information Technology) no IES San Clemente:

  • Rafael López García, xunto co seu alumnado David Diz Nieves e Pablo Rodríguez Cascón
  • Andrés del Río
  • Manuel González Regal

Estas xornadas puxeron de manifesto a importancia da formación práctica, da colaboración co tecido empresarial e da actualización constante nun ámbito en continua evolución como é a ciberseguridade.
Dende o CIFP Politécnico de Santiago queremos agradecer a participación de todas as persoas relatoras e asistentes, así como o compromiso das entidades colaboradoras por contribuír á formación do noso alumnado.

Redes sociais