Ir o contido principal

Xornada Técnica

Este mércores, 13 de marzo, o alumnado de segundo curso do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas e o de primeiro curso do ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados visitou a Central Hidráulica do Tambre. Nesta xornada, persoal pertencente á empresa Naturgy explicou ao alumnado e profesorado asistente o proceso de produción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía hidráulica nas centrais Tambre I e Tambre II. Tamén tivemos ocasión de visitar o Centro de Interpretación da Lamprea, espazo habilitado nun dos edificios do complexo da central eléctrica. Moitísimas grazas pola atención e detalladas explicacións recibidas.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais