XII Edición GIRA Jóvenes Coca-Cola
Continúa a inspiración no CIFP Politécnico de Santiago!!
Seguimos coa implicación dos nosos estudantes no proxecto GIRA Jóvenes, entrando na FASE 3: INSPIRAR, onde os equipos participantes formaranse a través de 4 masterclass, en sectores clave para o seu futuro profesional como a dixitalización, sustentabilidade, inclusión e diversidade ou emprendemento social.
En particular, o pasado mércores 3 de abril, tivo lugar no Museo de Automoción e Historia de Arteixo a clase maxistral sobre DIXITALIZACIÓN impartida pola empresa IBM. Os alumnos do CIFP Politécnico de Santiago compartiron esta interesante sesión formativa con mozos procedentes do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña.
Unha vez finalizada a sesión, todos tiveron a oportunidade de realizar unha visita guiada polas fantásticas instalacións do Museo de Automoción e Historia, situado en Arteixo.
Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora onde a formación e o coñecemento van da man, preparando aos nosos estudantes para os desafíos do mundo laboral actual e mellorando as súas posibilidades de empregabilidade.