Ir o contido principal

Visitas ao Viveiro de Empresas

Ao longo do primeiro trimestre os nosos alumnos de 2º curso das distintas Familias Profesionais (Electricidade e Electrónica, Fabricación Mecánica, Instalación e Mantemento, Química, Seguridade e Medioambiente, Madeira, Moble e Cortiza e Transporte e Mantemento de Vehículos) participaron nas Visitas organizadas ao Viveiro de empresas do CIFP Politécnico de Santiago. 

Todos os asitentes recibiron información sobre os requisitos de acceso e os servicios ofertados pola Rede Galega de Viveiros de Empresas, na que está integrada o noso centro educativo. 

Se ti tamén estás interesado en emprender, contacta connosco!!

Viveiro de Empresas. Coordinación de Emprendemento. CIFP Politécnico de Santiago

Más información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-emprende

Redes sociais