Visita a edificios bioconstruídos en Friol
4 de novembro - Friol
Este luns, 4 de novembro, levouse a cabo unha visita didáctica a diversas construcións bíotecnolóxicas en Friol.
Os edificios obxecto desta visita foron:
- Miniqueixería ecolóxica Casa Bertolo (edificio industrial construido con balas de palla)
- Colexio Waldorf Meniñeiros (Un construido con balas de palla e cobertura vexetal, outro con entramado lixeiro de madeira e cobertura vexetal, e varios edificios construidos en madeira con técnica canadiense, e cobertura de Lousa)
- E edificio illado en construcción, (técnica de entramado lixeiro e illamento con balas de palla, cobertura de enlousado e morteiros de palla-barro e en base cal.)
Acompañáronnos o CS de Química Ambiental, CS de Deseño e Amoblamento (tanto primeiro como segundo curso) e o máster en Enerxía renovable da USC (facultade de Física).
Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.
NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.