Ir o contido principal

Visita do CPR Divino Maestro


"Visita do CPR Divino Maestro dentro do programa Eduemprende_Atrévete"

Este pasado venres  05 de abril, emmarcado dentro do Programa Eduemprende Atrévete, recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria do CPR Divino Maestro  de Santiago de Compostela. 

O obxectivo da mesma é fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 6º primaria no espírito emprendedor.

A actividade comezou cunha charla: Que é emprender?, sobre valores e  habilidades como a autoestima, o traballo en equipo ou a colaboración, básicos para o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e a vida en xeral e unha experiencia  emprendedora, coa intervención de Xesús Martínez, xerente  de Recambios Santiagueses e de A Casa do Queixo,  que lles falou da súa experiencia e o papel das empresas na sociedade.

Para concluir  despois de informalos das distintas familias formativas do centro, poideron visitar as distintas instalacións e comprobar o que se fai en diferentes ciclos formativos.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais