Ir o contido principal

Aluminios Cortizo

 

O pasado venres 23 de novembro de 2018, dentro do marco das accións de colaboración formativa que estamos a desenvolver coas empresas, un grupo de 45 alumn@s  de diversos Ciclos Formativos do noso centro realizaron una visita ás instalacións da sede central que a empresa Aluminios Cortizo  ten en Extramundi-Padrón.

A visita foi precedida dunha xornada no noso centro na que persoal da empresa deu a coñecer  o conxunto de sistemas produtivos de contrastada relevancia e calidade no ámbito de influencia xeográfica e sectorial do Grupo Cortizo, para que o alumnado que se está a  preparar para a súa futura incorporación ao mercado laboral, conte con un contacto de referencia que lles permita coñecer de primera man as necesidades actuais e futuras dunha compañía internacional galega. 

Na chegada á empresa recibiron un taller de empregabilidade, cuxo obxectivo foi dar a coñecer ao alumnado, algunhas das mellores prácticas de búsqueda de emprego que contribúen a acadar o éxito en procesos de selección.

Se queredes acceder á súa base de datos e as redes onde están presentes podedes velo nas diapositivas anexas.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais