Visita técnica a METALDEZA
O pasado martes, 11 de febreiro, o noso alumnado da Familia Profesional de Fabricación Mecánica tivo a oportunidade de visitar METALDEZA, unha empresa referente no sector da enxeñería industrial, deseño, fabricación e montaxe de construcións metálicas e equipos a presión.
Nesta actividade participaron estudantes de 1º e 2º do CS de Construccións Metálicas e modular do CM de Soldadura e Caldeiraría. Todos eles puideron coñecer de primeira man as instalacións e os procesos produtivos levados a cabo nesta empresa líder.
Dende o CIFP Politécnico de Santiago, agradecemos aos responsables de METALDEZA pola súa acollida aos nosos estudantes e por compartir o seu saber facer co noso alumnado!!