Ir o contido principal

Visita do Obradoiro de Gaitas Seivane ao CIFP Politécnico de Santiago

Onte, tivemos o pracer de recibir no noso centro a Álvaro e Xosé Manuel Seivane, directores do prestixioso Obradoiro de Gaitas Seivane, acompañados por outros membros da familia. A súa visita enmárcase dentro do noso proxecto de innovación "Recuperación e atemperado de gaita porteña e outras gaitas de chaves galegas", recoñecido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Durante a xornada, compartiron a súa ampla experiencia na construción e restauración de gaitas, achegando coñecementos clave para o desenvolvemento do noso proxecto. Esta colaboración supón un importante paso para a recuperación e posta en valor do patrimonio musical galego, reforzando a conexión entre a tradición e a innovación no ámbito da formación profesional. 

Agradecemos enormemente a súa participación e apoio nesta iniciativa!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais