Visita a construccións de Madeira no Concello de Outes
O pasado venres 24 de maio, realizamos dúas visitas no concello de Outes con grupos do “Ciclo superior de Deseño e Amoblamento do CIFP de Santiago”.
Estivemos primeiro no “Astaleiro de Ciprián”, actual Museo da Carpintaría de Ribeira (Outes), premiado na Bienal de Arquitectura e Urbanismo pola rehabilitación, e nos premios de arquitectura en madeira de Cesuga-Pino de Galicia.
Nacho, técnico de turismo da oficiña de turismo de Outes, guiounos neste espazo museístico, dándonos a coñecer a historia de carpintería de Ribeira, así como videos e exposición de ferramentas de carpintería.
A continuación, visitamos dúas fincas do conxunto de aloxamentos singulares e pioneiros en Galicia “As cabaniñas do bosque”, guiadas por Manuel un dos promotores, onde a madeira está presente como materia viva, utilizouse como material principal, en distintas variantes, natural, artificial ou reciclada.
Este proxecto acumula 16 premios sendo o último deles o Nacional de Arquitectura 2020 del Consejo Superior del Colegio de Arquitectos de España.
Por iso sen dúbida, a Madeira é o material protagonista desta saída e ámbolos proxectos, un exemplo de tradición, modernidade e sostenibilidade no uso deste material.