Ir o contido principal

Transporte e Mantemento de Vehículos


"Espazo de Tecnoloxía Aplicada: Transporte e Mantemento de Vehículos"

Dende o curso 2022-2023 o CIFP Politécnico de Santiago dispón dun Espazo de Tecnoloxía Aplicada para a formación do noso alumnado da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos para traballar as competencias relacionadas cos vehículos híbridos e eléctricos.

Este espazo ten unha especial relevancia para o curso de especialización de grao superior de Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos, por dispor dun entorno seguro e con equipamento punteiro, que permite que o alumnado acade os coñecementos e destrezas necesarias para desenvolver as actividades relacionadas coas novas tecnoloxías do sector do automóbil e os novos retos aos que nos enfrontamos coas novas solucións que incorpora a industria en relación coa mobilidade das persoas.

Este espazo está financiado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e a Unión Europea, mediante o programa NextGeneration no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais