Ir o contido principal

Taller de Cosmética e Benestar

O pasado 20 de decembro, o alumnado de 1º CM de Operacións de Laboratorio e 2º CS de Laboratorio de Análise e Control de Calidade puxo en práctica os seus coñecementos impartindo un Taller de Cosmética e Benestar. A actividade contou coa participación de estudantes e profesorado de distintas familias profesionais do noso centro.

Durante o taller, os asistentes aprenderon a elaborar artesanalmente diversos produtos cosméticos, como bombas de baño, exfoliantes corporais e bálsamos labiais.

O evento foi organizado polo Departamento de Química e coordinado polas profesoras Isabel Costoya e Amparo Piñeiro.

Unha xornada creativa e enriquecedora que combinou ciencia, aprendizaxe e benestar. Grazas a todas e todos pola vosa participación!

Redes sociais